Xogos para aprender arquitectura no Otero Pedrayo de Viloira

Sistema Lupo no Otero Pedrayo de Viloira
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Os rapaces do colexio Otero Pedrayo de Viloira pasaron unha xornada divertida aprendendo arquitectura con David Rodríguez Antuña.

Escolares de primeiro a cuarto de primaria participaron na mañá do 15 de xuño nos obradoiros de arquitectura, onde utilizaron o Sistema Lupo. Unha ferramenta de construción formada por sete pezas que poden variar o tamaño e o material do que están feitas. As empregadas nesta ocasión foron as grandes de poliespán, unhas mais pequenas de madeira e as feitas nun plástico biodegradable que se constrúe con una impresora 3D. Tamén poden ser recortables, dixitales , de formigón, adobe; “incluso nos últimos tempos están investigando para facelas en xeo ou chocolate”, suliñou David Rodríguez.

“Inténtase explicar ós nenos qué é un arquitecto e o que fai”, dixo Antuña. Un dos grupos realizou a fachada dunha casa que comezou ca lectura dos planos, seguiu ca organización e distribución do traballo e rematou ca execución da obra encomendada.

O sistema Lupo emprégase desde hai cinco anos para gran variedade de aprendizaxes onde o fío condutor sempre é a arquitectura.  Conceptos coma os temas de cor, as escalas, a arquitectura tradicional ou as grandes construcións do mundo, resultan sinxelos de entender con este mecanismo, coque podemos reproducir as pirámides de Exipto, ou o  Taj Mahal, tamén construcións que se basean na simetría, incluso as que seguen patróns matemáticos, como por exemplo a música. “Temos unha actividade  na que interpretan unha construción e soa”, explicaba David Rodríguez.

Este método de aprendizaxe baséase en sete simetrías que veñen en caixas de 65 pezas que combinándoas podemos construír todo o que queiramos. “Fíxose o Pórtico da Gloria xuntando varias caixas” explicou Antuña,  “non só se constrúen edificacións, noutro obradoiro fixemos unha Vespa. Pero o que mais gusta son as construcións libres, vamos a un parque ou a unha praza e construímos o que vemos, un arco, unha árbore. Na última saída fixemos un cruceiro.

De forma transversal trabállanse as matemáticas, a física, a xeometría; inclusive a música e a tecnoloxía. Hai tamén un modo de numeración Lupo baseado nun sistema en base sete, como non podía ser de outro xeito.

Por parte das educadoras que se atopaban no obradoiro e por boca da súa directora Remedios Arias destacábase que esta novedosa iniciativa motivaba moito ós rapaces que aprenden dun xeito divertido. Comentou incluso que os mais pequenos fixeran  unha figura simétrica sen que ninguén llo explicara.