Valdeorras queimou o meigallo polo San Xoán

A comarca de Valdeorras non dubidou en botarse as rúas das vilas e pobos para celebrar a noite de San Xoán facendo fogueiras, comendo sardiñas e botando fora o meigallo.

Esta festa conta con gran tradición tanto na zona de Valdeorras como en toda Galicia -sobretodo na Coruña- lugares onde a espectación según vai chegando o serán e máxima, como na Praza de Viloira no Barco,  na Praza de Jose Luis Núñez en Vilamartín o na da Veiga.

No Barco antes das 12 da noite prendeuse a fogueira, e a xente botou ao lume os papeis onde estaban escritos os desexos ou nalgún caso o que se queimou foron os apuntes de todo un curso para que non volvan, a tradición de saltar sobre as fogueira -sempre en número impar- foise apoderando dos asistentes para terminar unha festa que estivo acompañada de música.

En Vilamartín ás 9:00 da noite, na praza José Luís Núñez comezaban os preparativos para a preparación da sardiñada organizada pola Asociación de Coveiros de Vilamartín, Mulleres Rurais Cimadevila, Folión Os Viticultores e O Concello de Vilamartín.

Cincuenta quilos de sardiñas asadas as brasas na praza foron comidas por unhas cen personas que participaron na festa de San Xoan. A música «dos Parrandas», amenizou a noite.

Na praza de San Roque da Rúa Vella máis de 200 persoas saborearon unha paella xigante, o motivo da xuntanza foi a recadación de fondos para as festas do San roque que se celebran nesta parroquia ruesa a mediados de agosto.

Roblido tamén celebrou o seu patrón con unha verbena. Hoxe Misa Solemne e comida campestre polos arredores da igrexa.