Vagalume pecha o seu campamento de Nadal visitando ós avós da residencia
[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]
O campamento de Nadal organizado pola Asociación Vagalume Valdeorras en colaboración co Concello do Barco, que leva por título «Un Barco máxico» está chegando a súa fin. Tras algo máis de dúas semanas de diversión, convivencia, xogos teatrais, obradoiros de manualidades, repostería, decoración e música, a derradeira xornada, antes da festa de final de campamento, a adicaron os rapaces a visitar ós avós da residencia de anciáns da vila. Unha vez máis, visita obrigada desta asociación que sempre atopa un oco na súa programación para levar ledicia ós máis maiores.
Con eles compartiron tempo, panxoliñas, bailes e actuacións. E os avós tamén devolveron o xesto ós nenos e nenas que os visitaron, preparando sorpresas para eles.
Mañá venres día 4 de xaneiro será o derradeiro día do campamento de Nadal deste ano e, para despedilo, a organización ten preparada unha festa que inclúe, ademáis de lambetadas, sesións de pintacaras e moita música.
[/double_paragraph] [/row]