domingo. 08.06.2025
O Barco

Procesión de San Roque polas rúas das Casas Baratas

O barrio de San Roque do Barco, as Casas Baratas, celebra hoxe o seu patrón. As 12:00 o santo saía polas rúas do barrio en procesión acompañado do seu can, que como ben e sabido non ten rabo. Na man do santo colgaban dous acios de uvas, un de brancas e o outro de tintas,para agradecerlle a vindeira colleita. A imaxe de San Roque ía seguida da Nosa Señora da Asunción que onte tivo a súa onomástica. Despois da procesión, misa de campaña baixo a sombra dos plataneiros, detrás do tele club, cantada por un grupo de veciños.

A tarde toca bailar o son da orquestra Breixa Band e tomar unha gaseosa, se cabe, nas Casas Baratas. Pola noite verbena coa mesma orquestra.

Onte os protagonistas foron os nenos, os que lle fixeron unha festa da escuma. Tamén houbo o tradicional partido de fútbol entre solteiros e casados, orquestra para botar un baile e comidas familiares.

Procesión de San Roque polas rúas das Casas Baratas