Música, xantar e calor na Virxe da Barca
07 de agosto de 2016 (22:26 h.)
A Virxe da Barca saíu, un ano máis, en procesión sucando o Sil. Dúas barcas engalanadas e tres piraguas acompañaron a virxe, que partiu dende preto da ponte de San Fernando, para chegar debaixo da pasarela do Salgueiral, onde foi sacada da barca por homes e recollida por catro mulleres que a trasladaron ata o altar onde se celebrou a cerimonia relixiosa.
Numerosos bañistas observaron ós romeros e a súa virxe mentres se daban un chapuzón, xa que as temperaturas que había a esas horas convidaban a iso.
Ó remate da misa tivo lugar a sesión vermút e logo o xantar popular, con empanada, paella, bica e viño. A partir das sete da tarde os asistentes bailaron ó son do trío Los Ángeles.