Quince quilómetros de solidaridade
03 de julio de 2016 (21:50 h.)
A Cruz Vermella do Barco organizou o domingo 3 de xullo unha andaina solidaria polos montes de Xagoaza e O Castro. Os case que cen andaríns e corredores saíron as 8:30 da mañá para percorrer 15 quilómetros de solidariedade. Nesta terceira edición o prezo da inscrición foi de 6 euros nos que se incluían un boleto para o Sorteo do Ouro da Cruz Vermella. O remate houbo sorteo de agasallos entre todos os participantes.
Hai que recordar que non é a primeira actividade que fan os voluntarios de Cruz Vermella da comarca, no presente ano. O pasado 23 de xuño celebrábase na praza Andrés de Prada do Barco unha Master Class de Zumba a cargo das monitoras Silvia Cuesta, Lucía Hernández y Tamara, na que se recadaron 3000 euros.