A Praza de Abastos barquense celebrou o día do Praceiro
O 27 de maio,os praceiros da Praza de Abastos do Barco, celebraron o seu día convidando a pinchos e bebida aos seus clientes, desde as 10 ate as 13 horas. Este é o segundo ano que se realiza nesta praza a iniciativa promovida pola Concellería de Comercio e impulsada pola Xunta de Galicia coa colaboración dos vendedores.
Irene Dacal, concelleira de Promoción económica, turismo, comercio e consumo do Concello do Barco, achegouse ate a praza para felicitar os vendedores e arrimar o ombreiro en canto a promoción se refire. Segundo nos comentou «aPraza de Abastos do Barco está hoxe mais animada que de costume, a xente resposta ben y o agradece, pero non se atreve a coller un cacho de empanada, por exemplo. O que si agradecen moito é que se teña esta deferencia con eles y que se promocione o de sempre».
Nestes intres a praza ten postos de carne, peixe, froita e panadería. Dos tres locais que quedan libres dous xa están apalabrados, segundo a concelleira, un para carnicería e outro para encurtidos. Bótase en falla unha floraría que alegre cas súas cores e aromas o espazo.