Os miradores de Alixo e A Fervenza, no Barco, estarán listos este outono
O convenio polo que a Dirección Xeral de Turismo financia a construcción de dous miradores no Barco xa está asinado e de volta na mesa da alcaldía, polo que as obras de acondicionamento destes espazos comezarán de seguida. A obra deberá estar rematada o 15 de novembro e custará algo máis de 33.000€. Iso inclúe a construcción dos miradores e o acondicionamento dos accesos, así como a renovación de sinalética cara diferentes bens patrimoniais do Concello como a Ponte de Éntoma ou Xagoza.
Os miradores terán forma circular, asimilándose a outras construccións tradicionais da comarca como pombeiros ou as clásicas albarizas. Estarán feitos de formigón, pizarra e aceiro, con paneis informativos e espazo de descanso. Os materiais escollidos e o deseño buscan minimizar o impacto visual e tamén o mantemento.
No caso do mirador de Alixo, está no lugar chamado As Carreirizas a onde se chega atravesando unha pista e terá case 13 m2 de superficie. Dende este punto, con orientación norte, divísase boa parte do Concello do Barco, o río Sil e as serras de Carballeda e Rubiá, cos Penedos de Oulego e As Médulas pechando a liña do horizonte.
O outro miradoiro estará preto da fervenza da Picheira. É algo máis pequeno, de 7m2 de superficie e chégase a el polo mesmo sendeiro que leva á fervenza. Como parte do proxecto, o camiño será acondicionado e se mellorará a seguridade, xa que no lugar xa existe unha valla de madeira que será substituída.