O ciclo De Perto deu comenzo baixo un intenso calor nocturno
A calor foi a protagonista no inicio do "VI ciclo De Perto" o cal comenzou coas actividades a través da poeta Olga Novo.
Neste caso a poeta de Pobra de Brollón (Lugo) veu ata a vila valdeorresa para recitar os versos incluidos no libro "Historia natural dun universiño" na Praza do Sagrado, nun recital que mestura poesía, tradición e erotismo, nunha nova obra que según Olga Novo está inspirada no seu Vilarmao natal.
Aproveitando o seu paso pola comarca a poeta non dubidou en agradecer a todos os asistentes que se decantasen por acudir a vela a ela en vez de pasear aproveitando "a fresca". Esta edición tal e como recordou a concelleira de cultura Margarida Pizcueta "consta de oito xornadas que levaranse a cabo en catro escenarios diferentes coma o Río Sil, Casa Grande de Viloira e o colofón final no Castro".
Esta praza acolle por primeira vez o ciclo cultural, ademáis o fai no seu primeiro ano de existencia xa que foi inaugurada o pasado ano.
As actividades continuarán a próxima semana da man de María da Pontragha co seu "Contos do que non hai", María e unha contacontos das máis ligadas á tradición oral galega. A oradora actuará o próximo martes a partir das 22:30 de novo na Praza do Sagrado.
María da Pontragha é educadora e dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo das contacontos tanto para infantil e xuvenil, coma para adultos.
Participou en diferentes Xornadas de Oralidade, no Museo do Pobo Galego e na Universidade de Deusto e de Vitoria; tamén desenvolveu a súa labor en bibliotecas, participou no Salón do Libro de Pontevedra, no Verbum, no Festival Atlántica, e tamén en centros de ensino, festivais e neste caso no ciclo De Perto.