lunes. 05.06.2023
O Barco

O violeta foi a cor da noite nos concellos do Barco e Trives

O concelleiro de Servizos Sociais do Concello do Barco, Orlando Saavedra e a concelleira de Igualdade da Pobra de Trives, Cristina Paz, fixeron sendos manifestos ao respecto

Os Concellos do Barco de Valdeorras e o da Pobra de Trives secundaron onte, 20 de setembro, á iniciativa «A noite violeta» sumándose así á emerxencia feminista que simboliza a necesidade de afastar o medo que senten as mulleres ó saír soas á rúa pola noite. As luces acenderanse na tarde noite deste venres, 20 de setembro.

A fachada dos edificios dos dous Concellos tinguíronse de violeta. Os concelleiros, Orlado Saavedra, do Barco e Cristina Paz, da Pobra de Trives manifestaron o seu parecer ao respecto.

Manifesto do Concello do Barco

Desde o Concello do Barco queremos manifestar o noso apoio á convocatoria do movemento SOS  emerxencia feminista: “A noite será violeta”.

O verán do 2019 será recordado no noso país como o verán negro. Non é unha alerta, é unha emerxencia feminista

42 mulleres asasinadas no que vai de ano 2019 e máis de mil desde 2003, ano en que se comezan a contabilizar. Ese número é o oficial, pero hai centos de mulleres, nenos e nenas que non figuran nas estatísticas oficiais ao non estar contempladas na Lei integral contra a violencia machista a súa relación cos asasinos.

No últimos dez anos, medio centenar de nenos e nenas foron asasinados e asasinadas polo seu pai e preto da metade fórono durante o réxime de visitas ou no período de custodia compartida.

Fachada do Concello vello do Barco a noite do 20 de setembro

Os asasinatos machistas son a punta do iceberg de todas as violencias que o patriarcado exerce de maneira continuada sobre as mulleres. Acosos, agresións, abusos, trata, violacións, son unha realidade diaria.

Faise imprescindible abordar a violencia machista como unha “cuestión de Estado”, violencia que afecta á metade da poboación e que ten unha causa estrutural que é a desigualdade entre mulleres e homes.

Desde o Concello do Barco apoiamos a convocatoria do movemento feminista coa iluminación en cor violeta do edificio do concello vello durante a noite do 20 de setembro de 2019.

Manifesto do Concello da Pobra de Trives

A violencia contra as mulleres tamén é un problema do noso concello e as mulleres que a sofren deben saber que poñemos todo o noso esforzo en apoialas e axudalas. Non deixaremos de reivindicar que a loita contra a violencia de xero sexa un asunto de Estado que precisa unha actuación urxente e valente por parte das súas institucións.

Colage do Concello da Pobra de Trives tinguido de violeta

Comentarios
O violeta foi a cor da noite nos concellos do Barco e Trives