Música e danza no Mercado Medieval de Veigamuiños

Mercado Medieval Veigamuiños 2016
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A nota de cor e son, na primeira xornada do Mercado Medieval Tremiñá-Veigamuiños celebrado o sábado 9 de xullo e que se prolongou ata o domingo, puxérona as Pandereteiras de Veigamuiños e o grupo tradicional Pándega.

Nesta décimo terceira edición, coma en anos anteriores, houbo lugar para os xogos tradicionais, os bolos, a rá;  tamén para a danza medieval, e sobre todo, houbo moitos postos de produtos tradicionais e artesáns, doces, bebida, churrasco, froita e tamén alfarería, roupa, xoias, libros, artigos feitos en coiro ou en pizarra; un sinfín de produtos que fixeron as delicias dos centos de persoas que pasaron polas rúas do pobo.

Na feira, promovida pola Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuiños en colaboración co Concello do Barco, entregáronse os premios do VIII concurso literario, houbo demostración de oficios tradicionais como a fiada, cestería ou as palilleiras e un obradoiro aberto de modelado en arcilla impartido na aula taller de arte Bea Romarty. Sin dúbida o momento estelar foi, un ano máis, a malla e criba que nos retrotraeron outros tempos.