Fred Martins deleitou aos barquenses tras un día moi longo para o brasileiro
O cantante brasileiro Fred Martins foi o encargado de pechar a edición do 2019 do Ciclo de Perto no Barco. Neste caso o fixo nun lugar que so se visitou nesta actuación, esta vez o Castelo do Castro fixo de marco para a actuación do artista que conseguiu chegar a Valdeorras tras unha longa travesía.
Martins sufría pola mañá un pequeno contratempo co seu vehículo, xa que nada mais saír de Lisboa sufríu un atasco que o deixaba sen batería no coche. Pese a todo chegou ao destino.
O brasileiro afirmou a este medio que estaba desexando chegar a Galicia, xa que residíu durante 6 anos en Santiago de Compostela, lugar que o enamorou tanto da cidade como da comunidade.
Recordemos que Fred Martins é un dos destacados entre os artistas da súa xeración, o cantante e compositor ofrece en cada espectáculo un repertorio autoral moi variado e moi relacionado coa tradición musical da artesanía da canción no Brasil, como así foi. A súa musica dialoga co samba e a bossa nova, mesturando tamén elementos doutros estilos e incursións pola world music. Dono de creatividade e ritmos bastante particulares, Fred Martins é recoñecido pola crítica como un dos maiores compositores de súa xeración.
A Concelleira de Cultura do Concello do Barco Margarida Pizcueta, valorou moi positivamente esta edición do Ciclo de Perto onde todos os artistas queren repetir.
Se queres escoitar a concelleira únicamente tes que premer no seguinte enlace: