jueves. 28.03.2024
O Barco

Desfile de Entroido no Barco con cinco días de retraso

Por mor da choiva e o mal tempo que fixo o Martes de Entroido a concellería de Cultura decidiu trasladar o desfile de Entroido para o domingo 18 de febreiro. E, acertouse co cambio xa que o día, aínda que nubrado, non poido estar mellor, incluso con unha temperatura elevada para o tempo do ano en que estamos, o que permitiu lucir mellor os disfraces elixidos polas comparsas e os espectadores.

O desfile comezou, con unha salva de bombas, ás 17:30 horas. Partiu, coma sempre desde  a avenida Conde Fenosa (á altura do HCV) e rematou na praza Maior, onde houbo baile amenizado por unha discoteca móbil así como polas charangas que formaron parte do desfile. As comparsas participantes no desfile optaron aos premios, segundo o número de persoas que a conformaban, sempre e cando realizasen a súa inscrición no rexistro do Concello.

E así o fixeron cerca de vinte comparsas. O desfile abriuno unha muller vestida cunha bata, un sombreiro e acompañada por unha cabra e un can ataviados para a ocasión. Detrás dela  unha charanga animaba o cotarro. Logo as Martas 13 e detrás delas os Comecocos. Seguiulle unha comparsa do medievo, e  a esta unha galletas de xenxibre. Cans, Mariquitas, ratos con Ratibrón, emoticonos, súper heroes, bonecos de neve, algodón de azucre,  e hasta os canons da guerra de secesión americana ou os San Fermíns con toros incluídos. A comparsa da Santa Purrela e os polos e pitas das Amas de Casa do Teixadal, Pero sen dúbida a mais numerosa e colorida foi a do circo do Ceip Julio Gurriarán na que ata estaban os pallasos da tele. A dos Piratas sen Caribe do Divina Pastora tamén estivo ben animada o igual que a dos Dálmatas de Córgomo. O desfile cerrárono Os Viticultores de Vilamartín que animaron cos seus bombos o desfile.

Desfile de Entroido no Barco con cinco días de retraso