Deporte, pancetada e música na celebración do San Xoan en Viloira

Noite de San Xoan en Viloira
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Co cheiro das sardiñas e para facerlle ganas ó peixe propio destas datas e a panceta, que asaron os membros do CD Barco, puxéronse en marcha cerca de 200 camiñantes e corredores na tarde  do 23 de xuño desde a praza de Viloira para facer unha  ruta de 4,5 km con chegada na mesma praza. Ao remate invitouse a todos os participantes á pancetada.

Amplo programa de actividades organizadas polas concellerías de Cultura e Deportes do Concello barquense no que non faltou o deporte, a música, a comida e o lume que acompañou a velada como parte esencial desta noite máxica.

En torno as 10  Pepe Penabade  foi o encargado de abrir a parte lúdico festiva cunha actuación na que o humor e a cultura tradicional van da man no seu espectáculo “Afiador e paragüeiro”. A continuación actuou o grupo “Os Primordiais”, un dúo musical diferente onde os distintos estilos fixeron bailar a todo tipo de público. Ademais contouse coa colaboración dunha parella experta de danza, Miguel Sotelo e Andrea Cabanelas, que foron os encargados de guiar os diferentes bailes da noite.

A medianoite foi de novo o momento de Pepe Penabade para reunir aos presentes en torno á queimada. O actor foi o encargado de sacar o meigallo da noite facendo partícipes a todos os asistentes dun conxuro de queimada tradicional pero con toques de humor. Unha vez rematado o conxuro a música de Os Primordiais e o baile volveron a praza para quedarse ata o remate desta noite máxica.