Barranquismo no río Candís do Clube Pena Trevinca
19 de junio de 2016 (01:23 h.)
A actividade de barranquismo organizada polo Clube Pena Trevinca do Barco na mañá do 18 de xuño, sumáronse 9 persoas. Os participantes practicaron rapels, saltos e andaina polo río Candís.
Da man de dous monitores de Aventura Extrema, de Vilamartín, estes nove membros do Pena Trevinca experimentaron unha das actividades deportivas mais emocionantes e atractivas, en contacto directo ca natureza, e inda que entraña risco, si se practica coa preparación e os medios adecuados non é doado ter incidentes.
Mañá divertida e disfrutando do deporte e da natureza como nos aseguraba Miguel Dacal un dos participantes que nos dicía, que fora espectacular e remataba con un emocionado “Repetiremos”.