O Barco baila zumba en solidaridade coa Cruz Vermella
24 de junio de 2016 (18:36 h.)
A festa solidaria organizada pola Cruz Vermella barquense reuniu na praza Andrés de Prada do Barco a unha centena de persoas que bailaron zumba para recaudar fondos para esta entidade.
As monitoras Silvia Cuesta, Tamara Martínez e Lucía Hernández sumáronse a festa do zumba que fixo danzar a pequenos e maiores ante un numeroso público que aplaudiu cada unha das cancións.
A inscripción tivo un coste de 5 euros no que se incluía un boleto para o Sorteo do Ouro de este importe.