Atronador son de bucinas no San Cristovo

San Cristovo 2016 no Barco
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

San Cristovo recorreu as rúas do Barco na tarde do 9 de xullo, montado en coche e acompañado polo enxordecedor son das bucinas dos camións que o seguían en procesión.

A festa na honra do santo, organizada pola asociación de condutores de Valdeorras, COASVA, comezaba xa de mañá, pero foi as oito da tarde cando se intensificaron as actividades. A esta hora celebrouse a misa presidida por San Cristovo e media hora máis tarde os camións saían en procesión polas rúas barquenses, non sen antes, pasar polas gotas do hisopo que lle daban a bendición.

A volta, os camioneiros, as súas familias e todo o que quixo puido bailar no campo da festa co Trío Medianoche e cenar o churrasco preparado pola organización.