As mulleres Rurais de Valdeorras celebraron o Día da Muller no Día do Cocido

No Pazo do Castro xuntáronse 150 mulleres das asociacións de toda a comarca

Asociacións de mulleres rurais de toda a comarca celebraron o Día da Muller cuns días de retraso. Coincidiu va data de celebración do Cocido (#Cocidoday) . No Pazo do Castro reuníronse 150 mulleres das asociacións de Arcos, Veigamuiños, Éntoma, A Veiga e Viloira, organizadora do evento. De primeiro unha contundente sopa, logo veu o lacón, chourizo, orella, morro, pata, androlla e morcillo. Non faltou a verdura de repolo e as patacas acompañando as carnes, nin tampouco o ingrediente principal, os garavanzos.

De sobremesa unhas

filloas recheas de crema e froitas. E, todo regado por viños da D.O. Valdeorras

e auga.

O #CocidoDay é un evento gastronómico no que cada ano centos de persoas

séntanse un mesmo día a mesa para compartir e desfrutar dun bo cocido.



O fin deste día é que se fale do cocido de Galicia en todas as partes do

mundo, xa que é un símbolo da nosa gastronomía. Co #Cocidoday quérese facer

unha festa de referencia mundial que dea coñecer a riqueza gastronómica da nosa

terra, que Galicia sexa un destino gastronómico.

Segundo a páxina oficial do #Cocidoday búscase como obxectivo converter o

hashtag #CocidoDay en Trending Topic ou en Twitter na data elixida, que este

ano é o día de hoxe, 23 de marzo.

Pódese participar como restaurante oficial ofrecendo[S1]   o

día sinalado un bo cocido aos clientes ou organizando unha mesa oficial. O que

conta é darlle a maior difusión este evento e por ende a gastronomía da nos

aterra


 [S1]