domingo. 08.06.2025
O Barco

Aparatoso accidente en Viloira

Dous turismos colisionaron esta tarde arredor das 16.00 horas na Avenida Elena Quiroga de O Barco, no cruce que conecta Viloira co acceso á via pola N-536. Un Peugeot 308 de cor branco trataba de incorporarse á esta vía en dirección ó Barco e asomouse para comprobar que non viña ningún vehículo. Foi nese momento, no que invadiu un pouco a vía, cando o outro coche, un Audi 100 de cor gris, bateu contra el. Nel ía un matrimonio barquense de avanzada idade que foron trasladados ó hospital comarcal para ser postos en observación, se ben non amosaban feridas de consideración.

 

O aviso da colisión foi realizado por un veciño, e acudiron a Policía Local e o GES Valdeorras. O conductor do Peugeot resultou ileso. A visibilidade deste cruce, está habitualmente en entredito, xa que hai uns arbustos que dificultan comprobar se veñen vehículos dende a esquerda o que obriga a adiantar en exceso o vehículo para comprobar que se ten vía libre.

 

Aparatoso accidente en Viloira