viernes. 19.04.2024
O Barco

A comida anual de confraternidade da UPJP reuniu no Barco a cerca de 500 xubilados da UXT

Valentín Tato: «É

un acto reivindicativo e este ano tócalle as pensións»

A Unión de Pensionistas e Xubilados e Prexubilados  (UPJP) de UXT Galicia elixiu O Barco para celebrar a xuntanza anual que, por primeira vez se realizou na provincia de Ourense.



«É un encontro anual no que levamos recorrido as principais cidades de Galicia y nesta ocasión moitos compañeiros pensaron que era bo achegarse á Galicia interior que está esquecida», explicou Valentín Tato, secretario da UPJP. Da Coruña, Lugo, Verín, Ferrol, Monforte, Ourense ou Santiago, 500 xubilados e prexubilados da UXT achegáronse a terras de Valdeorras para desfrutar dunha xornada de lecer e tamén de reivindicación.

Valentín Tato cos alcaldes da comarca antes do comezo do acto

A viaxe, asegurou Tato «é un acto reivindicativo», cada ano «lévase unha reivindicación diferente». «Nesta ocasión son as pensións. Vai haber cambio de goberno, pero nos exiximos e seguimos presionando para que as pensións suban automaticamente segundo o IPC y que esto se consolide e que se melloren as pensións mínimas. Que se blinden as pensións na constitución de maneira que goberne quen goberne as pensións non sexan unha moeda de cambio», expresou Tato antes do comezo do acto.



O encontro adicado ó «130 aniversario da Unión Xeral de Traballadores» comezou cun minuto de silencio en recordo a Alfredo Pérez Rubalcaba. Tamén houbo unha lembranza especial ao recentemente finado José Paradelo, secretario  comarcal da UXT en Valdeorras.

Ademais de Valentín Tato interviñeron no acto outros membros do sindicato como a secretaria de Política Social de UXT Galicia, Isabel González ou Rafael Vega. O alaclde do Barco, Alfredo García como anfitrión tamén dedicou unhas verbas aos presentes, acompañárono os alcaldes dos concellos de Vilamartín e Petín.



A primeira hora da mañá do 11 de maio, visitaron a adega Roandi, onde ademais de amosarlles a adega e como se elaboraba o viño tamén visitaron os viñedos da empresa vinícola de Éntoma. Tamén querían ir ver as explotación de lousa pero como sinalou Valentín Tato: «Tiñamos interese en ir ver unha mina de pizarra pero pola idade da xente que temos aquí desaconsellaron a visita». Logo da vista á adega tempo para pasear polas rúas do Barco, ver o Malecón ou deleitarse co son do Sil descorrendo pola vila.

Os pensionistas na adega Roandi de Éntoma

Se queres escoitar a conversa que mativemos con Valentín Tato, dálle a seguinte ligazón:

A comida anual de confraternidade da UPJP reuniu no Barco a cerca de 500 xubilados da UXT