martes. 16.04.2024
NADAL 2017

O Mercadiño de Nadal do Barco reúne 20 postos de doces e artesanía

O Mercadiño de Nadal do Barco que se celebra o 15, 16 e 17 de decembro acolle máis de 20 postos onde se pode mercar artesanía e doces principalmente.

As cinco da tarde do venres abrían os postos onde estaban presentes as asociacións benéficas locais DISVALIA, ASFAVAL, MOREA e AECC, esta última recolle doces de voluntarios e véndeos para recadar fondos para axuda dos enfermos de cancro na comarca.

Artesanía en coiro, estano, pasta polimérica, papel, tea, prata, lá, e moitos doces e gastronomía. Queixos de cabra da montaña leonesa, pan de conchos, de noces, gofres, marmeladas de pemento, tomates verdes, empanadas, bica, xoias e outros moitos produtos atópanse neste mercadiño.

Pero sen dubida o máis novidoso é un posto que posúen dous rapaces do barco no que se pode atopar obxectos de películas e series e todo o que se pode ver na televisión e o cine.

Camisetas, figuras, colares de series coma Marvel, Walking Dead e xaponesas como One Piece ou Dragon Ball.

Os postos permanecerán abertos desde as 11:00h. e as 20:30 h. O sábado e o domingo.

E unha iniciativa organizada pola Concellería de Turismo. Irene Dacal, así o contaba a este medio.

 

O Mercadiño de Nadal do Barco reúne 20 postos de doces e artesanía