Arranca no Barco o Circuíto Galego de Volei Praia

portada

O Circuíto Galego de Volei Praia 2017 iniciou a competición desta tempada no Salgueiral do Barco esta fin de semana, do 24 e 25 de xuño. Esta é a primeira proba das catro que ten o circuíto para as categorías de base, alevín, infantil e cadete ata a Sub 19.

Case que unha centena de deportistas de 10 clubs de toda a comunidade galega achegáronse este   a terras valdeorresas para participar no evento.

O sábado competiron as categorías xuvenil, 12 parellas e infantil, 6 parellas. O domingo serán os cadetes femininos, 10 parellas, alevín, 10 parellas e cadete masculino 7, esta é a única proba masculina do fin de semana. A proba puntuará dentro do Circuito Galego, e ademais os mellor clasificados da provincia de Ourense serán os novos vencedores da Copa Deputación. Dentro das catro probas do circuíto, os dous mellores competirán na proba nacional que terá lugar en Dumbría.

A entrega de trofeos e medallas faranse o remate da xornada, entre as 18:00 e 19:00 horas.