miércoles. 25.06.2025
Manzaneda

Manzaneda mostrou as súas mellores paraxes na AdeM e BTT

Os 19km. da andaina e os 37 da BTT organizada polo concello de Manzaneda contaron ca presenza de 160 andaríns e amantes da bicicleta de montaña, que grazas o bon tempo poideron disfrutar dun percorrido de gran vistosidade que fixo coincidir as dúas probas polos paraxes de Seoane, San Paio, A Madroa, Langullo, Cubeiros, Borruga, San Pedro e A Corredoira. Os que iban en bici ademais pasaron nos primeiros kilómetros por Aceboso, Sobrado, A Mata e os viñedos da Bibei, tramo francamente duro ata que coronaron a subida.

"Percorrer os vellos camiños que atravesan touzas de rebolos e fermosos soutos de castiñeiros, bosques de enciños, regatos como o da Mourela, a Cea, o de Peneda ou o dos Abreiros,  a monumentalidade de Sobrado; descubrir non só a natureza que convida a camiñar senon tamén a historia que forxou as terras de este concello", son algúns dos motivos que inspiraron a organización a trazar o recorrido.

Esta séptima edición da AdeM e segunda da BTT, como as anteriores, non foi competitiva, tan só participativa  por eso o finalizar ambas probas non se agasallou os que fixeron o percorrido en menos tempo, si non que houbo agasallos para todos os participantes e a maiores sorteo de tres bonos regalo de estancias de unha noite para dúas persoas en Oca Nova Manzaneda, Pazo da Pena e Hotel As Maceiras, ademáis sorteáronse tamén agasallos doados por empresas do concello, as que a órganización agradece a súa colaboración. Tamén queren dar as grazas a participantes e os membros de protección civil da Veiga, Parada do Sil, Maceda, Petín e Manzaneda

Manzaneda mostrou as súas mellores paraxes na AdeM e BTT