Cabeza de Manzaneda xunta máis de 300 gaiteiros

As once da mañá comezaba en Cabeza de Manzaneda a sétima edición do Certame Celtibérico de Gaitas, Memorial Gabino García.

O imnovador da xornada do 31 de xullo foi, a celebración do primeiro encontro infantil no que participaron Estela, Aroa, Anxo e Álvaro.

Bandas coma a da Carballeira de Ourense, Banda de Gaitas do Concello de Chantada, Manzaneda, Vilariño de Conso ou a de Monforte de Lemos, así como a “Preparatorio”, ou a “Xuvenil” da Deputación de Ourense fixeron soar os seus instrumentos. Tamén actuaron solistas como Sergio Lara ou Fernando Estévez.

A todos os participantes entregóuselles unha medalla conmemorativa co retrato de Gabino García e, alcalde finado do Concello de Manzaneda e propulsor deste certame ó que José Luis Foxo definiu así, “Politico sensible, capaz de entender a cultura popular. Queremos honralo; eu como estudoso da gaita ando sempre buscando iconografía. Queremos inmortalizar a súa colaboración e a súa grandeza nesta medalla.

O son do imno galego puxo fin a xornada.