sábado. 20.04.2024
Larouco

Larouco rematou o programa das festas dos Remedios

O programa conservou parte da tradición no seu programa, mantendo sempre as distancias sociais para previr contaxios

A vila de Larouco celebrou os últimos compases das festas na honra a Santa María dos Remedios con a Charanga Novas Terras de Trives e a Orquestra Pantasma Cé.

O martes pola mañá, xunto a actuación da charanga trivesa, os fieis disfrutaron da misa -con aforo-, malia que non houbo procesión si que se fixeron cantos tradicionais e tiraron pétalos arredor da virxe para honrala.

As festas comenzaron o sábado ca banda galega Brássica Rapa cun pasarrúas polo centro da vila, así mesmo José Fernández “Pepe das Pedras”, presidente da sección de arqueoloxía do Instituto de Estudos Valdeorreses, falou de toda a historia do Castro do Castrillón aos habitantes de Larouco.

Os Bregardiers foron os encargados de amenizar as rúas o domingo, mentres que o luns a animación correu a cargo de Os Bertolini habendo tamén un espectáculo de títeres os protagonistas. Este último evento estivo destinado aos máis pequenos do lugar.

Larouco rematou o programa das festas dos Remedios