O Malecón, a vida do Barco

Unha mañá calquera nun lugar privilexiado do que os barquense presumen e do que eles mesmos nos dan testemuña  da razón

Esperta O Barco cos primeiros raios de sol sobre as augas do Sil e aí está, O Malecón para incorporarse á vida que cada día comeza.

O coche con cepillos dos da limpeza para lavarlle a cara, Toño do quiosco para arriba e para abaixo levando os periódicos, os rapaces baixando aos colexios, os do reparto de mercancía, os cans e os seus donos dando o primeiro paseo e evacuando todo o que a noite retivo o corpo... Desde primeira hora O Malecón é un bulebule que a medida co día avanza vai incorporando nova vida.



Arrecende  a biscoito e pan que se está forneando no súper e a café acabado de  facer que vai camiño ás terrazas dos numerosos bares. Óense os «bos días cheos de enerxía do que durmiu ben e máis calmos dos que o espertar chegou demasiado cedo. E neste ir e vir atopamos a Francisco.

Francisco dándolle de comer aos parrulos

«Chi, achichichi», este é o son que fai que os parrulos que andan pola beira do Sil se acheguen a Francisco. Este home de xesto bondadoso achégase ó Malecón sobre as dez da mañá, logo de ir buscar pan á panadería. Pica o pan nunha bolsa, bótalle auga e logo dálles de comer porque como el di «senón non dou feito». Máis de sesenta  parrulos se reúnen ao redor de Francisco para comer tan saboroso manxar.

Este é o vídeo da conversa con Francisco:

E xa por último estivemos no parque infantil onde falamos con Jose que estaba xogando coa súa neta:

Jose e asúa neta no parque de xogos

Cando o sol vai alto e o calor apreta, a pradeira a beira do Sil tínguese cas cores das toallas agardando polos bañistas, pero iso xa queda para outro día.

O Malecón, bulir de vida no Barco.