viernes. 29.03.2024
Gente

O Malecón, a vida do Barco

Unha mañá calquera nun lugar privilexiado do que os barquense presumen e do que eles mesmos nos dan testemuña  da razón

Esperta O Barco cos primeiros raios de sol sobre as augas do Sil e aí está, O Malecón para incorporarse á vida que cada día comeza.

O coche con cepillos dos da limpeza para lavarlle a cara, Toño do quiosco para arriba e para abaixo levando os periódicos, os rapaces baixando aos colexios, os do reparto de mercancía, os cans e os seus donos dando o primeiro paseo e evacuando todo o que a noite retivo o corpo... Desde primeira hora O Malecón é un bulebule que a medida co día avanza vai incorporando nova vida.



Arrecende  a biscoito e pan que se está forneando no súper e a café acabado de  facer que vai camiño ás terrazas dos numerosos bares. Óense os «bos días cheos de enerxía do que durmiu ben e máis calmos dos que o espertar chegou demasiado cedo. E neste ir e vir atopamos a Francisco.

Francisco dándolle de comer aos parrulos

«Chi, achichichi», este é o son que fai que os parrulos que andan pola beira do Sil se acheguen a Francisco. Este home de xesto bondadoso achégase ó Malecón sobre as dez da mañá, logo de ir buscar pan á panadería. Pica o pan nunha bolsa, bótalle auga e logo dálles de comer porque como el di «senón non dou feito». Máis de sesenta  parrulos se reúnen ao redor de Francisco para comer tan saboroso manxar.

Este é o vídeo da conversa con Francisco:

Nenos e nenas coas proes polo Malecón na saída de fin de curso

 No camiñar polo Malecón non podía deixar de baixar ao río e alí atopei a un grupo numeroso de nenos  do colexio Condesa de Fenosa que estaban facendo a saída de fin de curso. Un ano complicado para eles que por mor da pandemia non puideron realizar as actividades de costume. Isto foi o que contaron:

«Antes éramos jóvenes y guapos y ahora solo somos guapos» con este sentido do humor  falo con tres persoas de certa idade que adoitan dar un paseo matutino pola paseo e logo baixan ao río para contemplalo en  toda a súa beleza e coma non, darlle de comer aos parrulos que sen dúbida son os máis mimados estas horas da mañá. Na seguinte ligazón atopades a conversa dos tres namorados do Malecón:

Camiñar a calquera idade e calquer hora

Seguimos camiña e un grupo de xubilados  cóntanos a súa historia :

Alfonso e Antonia fan unha parada despois do paseo para contemplar a paisaxe e facer un pouco de tempo antes de ir a comer. Isto foi o que relataron:

Antonia e Alfonso tomando un descanso despois do paseo

As terrazas son unha parte importante deste lugar.  «Tentamos aproveitar os ratiños que temos libres para estar por aquí», di Maite quen está tomando un café ao aire libre co seu fillo Victor. Encántalles O Malecón «é unha zoa privilexiada, das mellores que hai». Na seguinte ligazón oirás a conversa:

E xa por último estivemos no parque infantil onde falamos con Jose que estaba xogando coa súa neta:

Jose e asúa neta no parque de xogos

Cando o sol vai alto e o calor apreta, a pradeira a beira do Sil tínguese cas cores das toallas agardando polos bañistas, pero iso xa queda para outro día.

O Malecón, bulir de vida no Barco.

O Malecón, a vida do Barco