Qui-Roma, romanos e castrexos en loor de multitudes
Quiroga acolleu a terceira edición da festa Castrexa Romana, Qui-Roma o sábado 20 de agosto, con unha multitudinaria asistencia de veciños e visitantes que ateigaban as rúas e prazas da vila.
O longo de toda a xornada púidose disfrutar dun mercado romano situado na Praza Maior, da mostra de artesáns, houbo obradoiros infantís, e desfile da garda romana, Lucus Equiles. A Banda de gaitas San Martiño amenizou a mañá e ate houbo un reto de gaiteiros castrexos e romanos, O Recanto contra Os Palletas.
Na bacanal de Qui-Roma deuse conta dunha gran pulpada e churrasco a esgalla, na que non faltou o viño do Val de Quiroga, para o xantar.
Xa pola tarde presentouse o libro de Celia Díaz, Bova do Monte. Voltaron os romanos a desfilar polas rúas da vila e loitaron os gladiadores.
A partir das 9:30 o que quixo puido disfrutar na Festa da Sangría e da Empanada e bailar o son da discoteca móbil, Eme Music.