Galería. Queima do meco no Barco

O Casco Vello do Barco volveu a converterse no escenario do cortexo fúnebre da Sardiña. Cada Mércores de Cinza chega o momento de dicir adeus a Don Carnal e a súa festa. O Entroido chega ao seu fin e hai que despedilo como se merece, con prantos, sátira e moita troula. E así foi, a pesar da choiva que caeu ao longo da celebración.