Galería. Magosto en Viloira
11 de noviembre de 2022 (21:58 h.)
Foron moitos os barquenses que se achegaron a praza Otero Pedraio de Viloira para festexar o Magosto. Dende as 19:00 horas o bombo non deixou de moverse para asar os 400 kilos de castañas e a xente agardaba pacientemente a cola para recoller o seu corneto; as planchas cheas de chourizos non daban feito para a xente que esperaba a súa quenda, e por suposto, non faltou o viño que correo a raudales. A parte musical correo a cargo de "Bandina los Bierzones".