Galería. Magosto popular de Petín

Na tarde do martes 31 de octubro se diron cita máis de 500 persoas na Casa da Cultura de Petín para celebrar o seu magosto. Todos os asistentes poideron degustar chourizos con pan, castañas asadas e viño. 

A alcaldesa, Raquel María, estaba impresionada da numerosa xente que se logrou congregar (foron 550 entradas vendidas). Alí estaba xente do Barco, Viloira, A Rúa e inclusive un grupo chegado de Francia para este día.

Dende logo, os que alí estiveron pasaron unha tarde moi animada e divertida