Galería. Desfile de folións en Vilmartín
03 de febrero de 2024 (19:59 h.)
Preto das 18.00 horas desta tarde do 3 de febreiro comezaba o desfile de Folións en Vilamartín desde a Reboleira ata a Praza X. Luis Núñez. Os primeiros en saír foron os Viticultores, organizadores do evento, a continuación e por esta orde os de Sobrado, Arrieiros de Petín, Irrio de Caldelas, Carracedo, As Maceiras, Tameirón, Folión de Petín, Chandrexa e pecharon o desfile os da Caniceira. Ao termino do desfile todos trasladáronse ao Pavillón para unha pinchada popular e a Festa das Sopas de Allo.