Na tarde do sábado, 6 de outubro realizouse unha camiñada cultural ente Petín e Larouco para reivindicar a Vía Nova e o Camiño Cultural por onde se cree cos peregrinos chegaban a Castro Caldelas e de aí partían para Sarria. Desde A Ponte da Cigarrosa que separa A Rúa e Petín até Larouo, onde se celebrou un magosto, os máis de 70 participantes puideron ver entre outros un proxecto de museo de Mario Nogueira con aperos de labranza e o muiño de aceite na Casa Grande de Freixido.