viernes. 29.03.2024
GALERÍAS

Castañas asadas, xogos tradicionais e moita diversión nos magostos dos coles

Polo San Martiño é tradición facer o magosto e compartir as castañas asadas cos amigos e veciños. Os colexios da comarca quixeron celebrar esta festa facendo o que manda a tradición: asando castañas e convidado elas os membros da comunidade educativa. Ademais tamén houbo tempo para divertirse cos xogos tradicionais e coma non pasar un bo rato cos compañeiros do cole.

 

 

Colexio Pablo VI- Fátima. A Rúa

Un ano máis, un curso máis, os alumnos do colexio San Pablo VI-Fátima celebraron o tradicional magosto no patio do colexio. Os nenos de Educación Infantil debuxaron  e  coloraron imaxes dos bullotes, mentres que os de Primaria desfrutaron con competicións deportivas. Ademais tamén se pintaron e pintaron aos seus compañeiros. Os bullotes foron o produto estrela e os alumnos puideron desfrutar deste froito nunha estupenda e quente mañá  do mes de novembro.

 

 

CEIP Virxe do Camiño. Rubiá

En Rubiá, no CEIP Virxe do Camiño, o magosto celebrouse cun xantar popular no comedor do colexio. As familias reuníronse en torno á mesa cos profesores e demais membros da comunidade educativa.

Non faltaron as castañas asadas polos pais e nais dos alumnos e tampouco os doces. Os mestres e membros da ANPA fixeron doces de abondo para ser vendidos polos rapaces e así recadar fondos para a excursión de fin de curso.

 

 

CEIP Otero Pedrayo. Viloira

O alumnado do colexio de Ramón Otero Pedrayo elexía o Campiño de Viloira para celebrar o seu magosto.

Tempo para xogos: a comba o fútbol, o escóndome eu atópame ti. Logo castañas asadas pintarse e corretear para que non entrara o frío no corpo. Todo o colexio Otero Pedrayo, infantil e primaria, pasou unha xornada de lecer.

 

 

CEIP Xosé Manuel Folla Respino. Vilamartín

Coa colaboración da Asociación de Pais e Nais, o Concello e propio CEIP Xosé Manuel Folla Respino, celebrouse no colexio publico de Vilamartín a tradicional Festa do Magosto.

Comida con bolos preñados, empanada, bica e castañas asadas polos pais e nais voluntarios, no patio do colexio

O alumnado ademais de facer un mural cos produtos de outono a entrada ao colexio, tamén confeccionaron os seus propios xogos. Asi, no patio nun taboleiro pintaron castañas as que lle fixeron un buraco no cu para logo tirar este froito do outono a ver si entraba polo buraco e así conseguir puntos. Houbo unha  xincana, e para rematar a xornada festiva, xogos populares.«

«Un día de festa e convivencia de toda a comunidade educativa, na que o divertimento estivo presente en todo momento», asegurou a súa directora a este medio.

 

 

CEIP Julio Gurriarán

O magosto do colexio Julio Gurriarán celebrouse na mañá do 13 de Novembro.

Antes de comer as castañas asadas tocou facerlle sitio, e nada mellor que os xogos de sempre para facerlle ganas, eso sí, a protagonista foi castaña. Así, o típico xogo da culler en vez de levar un ovo levaba unha castaña, o xogo de parellas o mesmo e ate xogaron ao rugby con este produto de outono. Tamén houbo carreira de sacos, o xogo da ra, o pano, a comba ou os bolos.

Tras os xogos, bailes e carreiras comida a base de chourizos e panceta elaborada polo conserxe Ervigio, que exerceu de chef parrilleiro e, por suposto, as ricas castañas asadas. Logo tocou, coma non, pintarse.

Desde o colexio Julio Gurriarán agradecen a colaboración das familias e así o comunicaban: «Grazas a todas as familias pola súa colaboración e, moi especialmente ós papis e mamis da nosa ANPA Aturuxo. Grazas á súa colaboración recibimos os chourizos , o pan e a panceta necesaria para realizar a rica merenda que degustamos»

Castañas asadas, xogos tradicionais e moita diversión nos magostos dos coles