lunes 6/12/21
EMPRESA

Unha Noite Branca pasada por auga mermou as vendas

A pesar da mala situación climatolóxica foron moitos os barquenses que fixeron as compraron na Noite Branca

Os asociados ao Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebraron este venres, 18 de xuño, a oitava edición da Noite Branca. Desde as 20:00 ata as 00:00 horas os establecementos comerciais pertencentes a esta asociación praticaron importantes descontos para animar as compras. A choiva e a tormenta, así coma as baixas temperaturas fixeron que o ambiente non estivera tan animado coma en anos anteriores e que moitos comercios pecharan antes da hora de peche.



Os establecementos engalanáronse especialmente  para A Noite Branca que este ano ía pola súa sétima edición. Había gañas de volver á normalidade, de encher as tendas e vivir de novo a noite máxica de descontos xa que o pasado ano por mor da pandemia non se estivo ao cen por cen. O concurso Xogamos trasladouse ao polideportivo vello e a decoración quedou estragada pola choiva pero, as vendas en xeral estiveron ben, segundo os comerciantes.



En total foron 29 os comercios participantes e dous locales máis pertencentes á hostalaría. Os comercios que aplicaron descontos durante todo o día tivérono máis doado e incrementaron as vendas significativamente. A maioría destaca unha boa afluencia, non só durante as horas do evento, senon durante toda a xornada. En xeral, boa resposta dos clientes e bo sabor de boca nos comerciantes.



Comentarios
Unha Noite Branca pasada por auga mermou as vendas