O CCA O Barco celebrou a sexta Noite Branca con moita animación e participación

Baixo o lema «Divírtete paseando e mercando nunha noite diferente», ás oito da tarde dábase o pistoletazo de saída á Noite Branca. Bayadère Danza facía unha exhibición de baile na Praza do Concello que engaiolou aos presentes.

As charangas Fuego e Támega animaron as rúas coa súa música. Non faltaron momentos divertidos e animados e até quen bailou o son da charanga. Este ano, para maior seguridade, a Policía Local con axuda de Protección Civil cortou e desviou o tráfico para evitar incidentes.



Os establecementos participantes foron: A Manduca, Ana De La Puente Perfumería y Estética, Ana Óptica, Baamonde, Boutique Glory, Boutique Suá, Café Teatro Bajo Cinco, Can-Can, Costuritas, Miranda X, Miranda Moda, De Chus, Tri Sport Twinner, Divino Paseo Café Bar Terraza, Estética Pamen, Floristería Esnat, Garoba, Hache, KOKI, La Matería O Barco, Librería Murciego, Mercería Carmiña, Mercería Mayte, Coper moda, N.37, Modas O Prenda Vestimos a mujeres de todas las tallas, Piquiño Restaurante, Pizpireta, Ton y Son, Top Queens O Barco, Zapatería Moral, Palpie Zapatería y Step Up Shoes Shop.



Con esta iniciativa, desde  o CCA pretendeuse que os veciños do Barco  e dos municipios limítrofes sairán a mercar no comercio local, desfrutaran das actividades gratuítas e se animaran a coñecer os establecentos da asociación barquense.