Quico Cadaval contou as súas historias cun toque de Ribeira no Teatro Lauro Olmo
O barbanzán narrou "Vacas, guerras, porcos e cregos" no Teatro Lauro Olmo do Barco
O narrador de Ribeira, Quico Cadaval, comezou a súa actuación falando do seu acento "ghallejo" tan típico da costa galega, malia que vai variando dependendo da zona, neste caso o narrador falou de que: "Cando me emociono saeme o acento".
Cadaval conta nesta peza a historia dun antepasado, Xuán o Fino, que era un home bo coa familia, pacífico e bo viciño, amigo de facer favores.
Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos. Son coprotagonistas da historia vacas, curas, mentireiros, sementais, barbeiros , porcos,artistas de cine e militares.
Aparecerá o parto dunha vaca, a historia da prohibición da aguillada, o uso do xabrón como silenciador, o brutal acto inseminativo, un militar pasando ferias, as nenas vaqueiras, un crego que domina a Lüger e a retórica, un barbeiro profético, fenómenos extraños na noite de vodas, entre todas as personaxes desta fábula coral, destaca O Ghacheiro, un performer fedello, enredante e pícaro, que fai confluir, para asombro da veciñanza, unha das suas farsas co desembarque de Normandía, o seis de xuño de 1944.
O teatro das operacións é a parroquia de Carreira, xusto enfrente de Boston-Masachusetts. Unha parroquia, a de Carreira, situada no Concello de Ribeira, da cal tamén fala no seu monólogo dende o principio da obra.