A figura de Eduardo Pondal cobrou vida grazas a Cándido Pazó

O Teatro Lauro Olmo do Barco acolleu este venres unha nova representación teatral tras unha semana de ausencia.

Esta semana tocou unha elucubración teatral, escrita e dirixida por Cándido Pazó, sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.

A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a xove criada da pensión na que está albergado. Toda a obra está ambientada no Hotel "La Luguesa" que estaba na Rúa Juana de Vega na cidade da Coruña, lugar onde faleceu Pondal no 1917.

Ademáis durante a obra fanse varias referencias a vila de Ponteceso, lugar de onde era natal o protagonista da obra e que a día de hoxe lle adica entre outras cousas o centro de ensinanza secundaria da vila mariñeira.

É unha coproducción do FIOT de Carballo y Contraproducións, baixo o auspicio da Fundación Eduardo Pondal, para celebrar o 100 aniversario da morte do poeta de pontecesán.

O elenco está formado por: César Cambeiro como Don Eduardo, Adrián Ríos como Eduardo, Alba Bermúdez como Rosa.