sábado. 20.04.2024
CULTURA

O Ciclo de Perto comezou a súa 8ª edición con Tamara Andrés

A poetisa de Combarro abriu a edición máis atípica do ciclo, onde as medidas de hixiene e distanciamento social están a orden do día

Hidroxel, butacas preasignadas e o uso da máscara, estas son varias das normas que se encontran os asistentes a 8ª edición do Ciclo de Perto que este ano será o máis atípico en canto as medidas de seguridade.

Malia esto, non se perdeu a esencia dun evento que este ano terá todos os seus actos na Casa Grande de Viloira, a non ser que a meteoroloxía non o permita. Tamara Andrés foi a encargada de inaugurar esta edición con "O bosque e a danza" nun acto que foi o primeiro para a poetisa de Combarro (Poio) dende que comezou a crise sanitaria, no que se xuntaron os nervios ca ilusión e a emoción de que se apostara polo verso.

Andrés comezou a súa actuación cunha narración nun pobo ficticio, pero inspirada no pobo de Santoalla e na película Sempre Xonxa.

Tamara Andrés durante a súa intervención no Ciclo de Perto

Durante o evento tamén falou da obra que publicou a comezos de 2015, chamada Amentalista, unha particular homenaxe a René Madritte. Así mesmo quiso destacar moitos dos sentimentos vividos ao longo do confinamento.

A concelleira de Cultura do Concello do Barco Margarida Pizcueta, tamén falou ao inicio do acto, salientando todo o vivido durante os últimos meses debido ao confinamento e de un virus, o COVID-19 que aínda non se foi, destacando o coidado que hai que ter no día a día.

O Ciclo de Perto comezou a súa 8ª edición con Tamara Andrés