Involución sorprendeu aos espectadores no Teatro Lauro Olmo do Barco
A obra de Alfredo Muíño chamada "Involución" fixo ás delicias dos afeccionados ao teatro que acudiron ao Teatro Lauro Olmo nunha nova semana con programación teatral.
O Circo, a danza e o teatro foron o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a súa violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu provir incerto.
Un total de 3 actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino. Involución é a obra máis ambiciosa de Alfredo Muiño, unha obra que leva perfeccionando no tempo todos estes anos e que por fin sae á luz.
N+1 realizou este semana unha residencia artística no TLO para axustar os últimos detalles do espectáculo, que tamén foi ofrecido a estudantes de secundaria do Barco o pasado mércores.
Involución está interpretado por Alfredo Muíño, con dirección de Pablo Sánchez, coreografía de Bárbara Monteagudo, deseño de iluminación de Alfonso Castro, espazo sonoro de Pedro Lamas e vestiario de Sigrid Blanco.