viernes. 19.04.2024
CULTURA

Récord de participación na Festa da Freba de Petín

A festa gastronómica reuniu 530 persoas na súa vixésima edición na que se volveu os orixes celebrandoa cun xantar

A Festa da Freba de Petín celebrou a súa edición número vinte, e fixoo cun "non hai entradas" case desde o día do comezo da venta das entradas malia que a festa volveu a facerse ó mediodía, como na primeira edición.

Ás 14:30 horas abríronse as portas do Teleclub de Petín, e baixo a carpa instalada na pista deportiva os 530 comensais poderon degustar: chourizos cocidos con cachelos, frebas á brasa, Ucheira, café e licores. Despois do xantar chegou o baile cunha discoteca-móbil.



Este ano a festa volveu ao seu horario orixinal tras varios anos facéndose de noite para devolverlle a familiaridade coa que fora concibida.

Xa pasaron vinte anos

A Festa da Freba nacía o 9 de decembro do ano 2000 e contou con 800 comensais. Nesta primeira edición os artistas locais Torino, Lirio, Amancio Díaz e Lito amosaron as súas obras de talla en madeira, forxa, pintura e fotografía no teleclub. Houbo unha cata de viños tradicionais e até o afamado debuxante José Luís González, O Carrabouxo, deu unha charla.

menú non se diferenciou moito do da presente edición. Daquela coméronse chourizos cocidos en viño, empanada de costillas, por suposto frebas asadas á brasa e de postre Ucheira, un doce típico da panadería Querol de Petín. Polo módico prezo de 500 pesetas (3 €) ademais de xantar como un «Pepe» a organización agasallou ós asistentes cunha cunca de barro e unha navalla, imprescindible para cortar a freba que se poñía enriba do pan. Logo do xantar baile até ben entrada a noite coa actuación da orquestra Detroit.

A medida que foron pasando os anos foise cambiando o menú, introducíronse os callos, a empanada pasou de ser de costrelas a ser de bonito, a Ucheira por bica e até se cambiou o xantar pola cea. O que sempre haberá e freba, licor café e a hospitalidade dunha vila, Petín.

Homenaxe a Ines

Antes de comezar a festa, Ines —a do Quifi—, unha veciña de Petín que o vindeiro ano cumprirá os cen, foi homenaxeada.Un ramo de flores e unha placa conmemorativa foille entregada a esta casi centenaria.

Inés mostrando a placa e o ramo rodeada da súa familia

Se queres escoitra as opinións dos asistentes, as valoracións da alcaldesa, Raquel Mª Bautista e a Guzmán Díaz, o carniceiro que suministra desde hai 20 anos as frebas para a celebración, fai click na seguinte ligazón:

Récord de participación na Festa da Freba de Petín