jueves. 28.03.2024
CULTURA

Día das Letras Galegas con moitas e variadas actividades

Na Rúa concerto de Abertal na Praza do Concello e no Barco teatro en Andrés de Prada

Ao longo da semana en todos os colexios da comarca houbo diferentes celebracións con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, nos concellos as actividades comezaron a partires do sábado.

En Vilamartín  un retrato mural realizado durante a fin de semana polo artista local Pedro Álvarez, Orde Caos, loce desde onte na parede do antigo ximnasio. O mural ten unha dobre función, unha para reivindicar As letras para o 2022 para Florencio e a outra para tapar os graffitis feitos hai uns días.



No Barco, un fotocall de Florencio e unha obra de teatro na paza de Andrés de Prada con Atenea García de Xarope Tulú, «De Ti e Mailo Mundo que Apañes» quen fixo un percorrido pola obra de Xela Arias. Tamén proxeccións de cine en galego que comezaron o día 6 e rematarán o 28 de maio.

Atenea García actuando en Andrés de Prada

Tamén na vila barquense até o día 31, nos escaparates dos comercios asociados ao Centro Comercial Aberto poden verse as fotografías feitas por alumnos dos colexios: Otero Pedrayo de Viloira, Condesa Fenosa, Divina Pastora, Julio Gurriarán e os IES Lauro Olmo e Martaguisela, dentro da campaña «Revelando a Xela».

En Vilariño de Conso actuación do Mago Teto, trucos de maxia con cartas para a tarde do domingo.



Na Rúa o Grupo Abertal foi o encargado de amenizar os actos desde as 18.30 horas. Primeiro un pasarrúas polas principais rúas da vila e logo danza, cantareiras e  o son das gaitas e panderetas. Maribel Campos da Asociación Cultural de Teatro a Ruada fixo un breve repaso pola vida e obra de Xela. Agradeceu os asistentes a súa asistencia e tivo palabras emocionadas para os membros de Protección Civil, sanitarios e o propio grupo Abertal por «mitigar os danos da alma».

Vídeo de parte da actuación de abertal:

Pasarrúas de Abertal pola rúa Doutor Vila (A Rúa)

Día das Letras Galegas con moitas e variadas actividades