O Barco márcalle un gol a violencia de xénero
O Centro de Deportes Barco e a Sociedade Deportiva Ponferradina disputaron un amigable en Calabagueiros en contra da violencia de xénero
O Centro de Deportes Barco e a Sociedade Deportiva Ponferradina disputaron un amigable enmarcado no programa do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero do Concello do Barco.
Ao inicio do encontro ambas escadras saltaban o céspede de Calabagueiros con camisetas moradas co lema "No es no", así mesmo os membros de Asfaval acudiron ao encontro con pancartas en contra da violencia de xénero, facéndose tamén unha foto cos xogadores da escadra barquense.
No plano deportivo o partido deixou a victoria da Ponferradina que xoga na Liga Smartbank por 0 goles a 5 nun encontro no que os minutos estiveron moi repartidos en ambas escadras, na berciana xogou un membro do filial cos xogadores habituais que compiten na división de prata do fútbol español, mentres que no Barco fixérono 3 xogadores do plantel xuvenil que foron Diegas, Éric Rellán e David Rodríguez.
Os goles dos bercianos foron obra de: Bravo (2), Fran Manzanara, Guille Donoso e Noguera.
O seguinte partido do Barco será o vindeiro domingo ás 17 horas ante o Paiosaco.