martes. 12.08.2025
Camiño Inverno

«Non é un dos camiños máis coñecidos a pesar de ser dos máis fermosos»

Un grupo de peregrinos da zona de Lugo están a facer o Camiño de Inverno para reivindicar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un grupo de 25 peregrinos pasou este domingo, 18 de outubro pola Rúa facendo un tramo do Camiño de Inverno, un dos camiños menos coñecidos. Procedentes principalmente de Lugo e Sarria, aínda que tamén os había de Vilalba, das Pontes e outros lugares.

Grupo de peregrinos no adro da igrexa de Fontei

Asunción Arias, presidenta da Asociación Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras exerceu de anfitrioa e, ademais de darlles as indicacións precisas, tamén entrevistou a guía da expedición na praza Enriqueta Casanova. O cruceiro que está situado no adro da igrexa Nosa Señora de Fátima que como resinou Asunción «é neogótica e deseñada por Gaudí como antesala da construción do edificio do Bispado de Astorga» foi testemuña da entrevista.



Un dos motivos da elección desta ruta xacobea segundo a guía de Galicia Infinita é «dar o seu apoio a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade». Sinalar que varios tramos do camiño pasan por ela.

Outra razón da elección é porque lle pareceu un dos máis completos. «A nivel paisaxístico porque imos atravesando todas as provincias e diferentes culturas foi o que máis nos chamou a atención», subliñou a guía turística.

Unha das peregrinas pondo unha pedra a entrada de Vilela

Á pregunta de Asunción sobre se os camiñantes coñecían esta ruta, a guía recalcou que: «A verdade é que si, xa que levamos varías etapas, saímos desde Ponferrada. Agora todos buscan información, tentan enterarse por onde van pasando, os sitios que hai que ver.., o principio antes de comezar a facelo, non todos estaban moi postos. Non é un dos camiños máis coñecidos a pesar de ser dos máis fermosos».



A etapa de hoxe pasou por un dos tramos máis perigosos, o situado entre Vilamartín e A Rúa. O camiño vai por unha estrada provincial a OU-536 que non ten beirarrúa e realmente faise arriscado pasar polo tramo. Arias felicítonos pola idea «tan fabulosa» que tiveron ao pasar polo tramo en «fila india xa que nos facilitou a labor para entrar na Rúa», explicou.

Entrada á Rúa onde o Camiño se fai realmente perigoso

Logo deste «mal paso», tempo para desfrutar dun café na praza César Conti ao pé da igrexa de Santo Estevo, onde se atopa a lápida romana de Lucio Pompeyo Reburro.

Un bocadillo na zona recreativa do Aguillón e logo un descanso até as cinco que, segundo a guía, aproveitaron para coñecer A Rúa,



O outono é unha boa data para achegarse estas terras polo Camiño de Inverno, o tempo flexible e as cores do campo faino incríbel.

Se queres escoitar a entrevista de Asunción Arias a guía turístivca de Galicia infinita, preme na seguinte ligazón:

Fotos cedidas

«Non é un dos camiños máis coñecidos a pesar de ser dos máis fermosos»