O Viacrucis da Serra, do Alto da Portela a Lamalonga
O Viacrucis da Serra, que se leva celebrando dezasete anos na montaña do oriente ourensá, partiu as 15:00 horas da tarde do 13 de abril, Xoves Santo, desde o Alto da Portela para chegar á entrada de Lamalonga despois de percorrer 14,2 quilómetros.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_lamalonga_semanasanta_viacrucis_2017_04_13-2.jpe"]
O longo do traxecto as persoas que acudiron puideron contemplar os monumentos feitos por José Escuredo Vega, tamén coñecido como Pepe de Barrio, que se dedicou nos seus derradeiros anos a facer en pedra cada un dos pasos deste Viacrucis da Serra.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_lamalonga_viacrucis_2017.jpe"]
Os monumentos, feitos en granito por Pepe da Serra, atópanse en cada quilómetro e conforman as 15 estacións. Cada un está formado por unha escultura de granito, cruz e placa en pedra co nome da estación e o epígrafe. Na oito ademais hai unha mesa de pedra onde se celebra a misa. O derradeiro, o que se atopa na entrada de Lamalonga, é o da Resurrección.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_lamalonga_viacrucis_semanasanta_2017-5.jpeg"]
O remate agasallouse os participantes cun chocolate e doces para recuperarse das mais de catro horas de camiñada.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_lamalonga_viacrucis_semanasanta_2017-3.jpeg"]
Este Viacrucis está organizado pola “Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento de Lamalonga Pepe de Barrio”.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_lamalonga_viacrucis_semanasanta_2017-4.jpeg"]