Festa do Piragüismo na Veiga
O encoro de Prada acolleu na mañá do 18 de setembro a 6ª Regata Liga Galega (Masculina-feminina)- A Veiga, derradeira proba desta tempada.
Na Praia dos Franceses da Veiga reuníronse 200 padexeiros, de 18 clubs da comunidade. Os rapaces de idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos non quixeron perder a oportunidade de arrabañar uns puntiños nesta proba autonómica que puntúa para a liga galega infantil, tanto masculina coma feminina.
A regata organizada pola Federación Galega de Piragüismo, iniciou a primeira saída as 11:00 horas, saíndo as distintas categorías cada media hora ate chegar as 14:00, co remate da proba. Isto deu si cabe mais vistosidade ó evento, xa que permitía ver as saídas e chegadas en corto espazo de tempo.
Foi una xornada festiva na que houbo gran afluencia de xente. Deportistas, familias, amigos e afeccionados ateigaron as marxes do encoro para animar ós seus, tamén para disfrutar do día nun paraxe tan fermoso. Houbo quen quedou a xantar nas mesas e bancos que hai na área recreativa para este menester e os que optaron por probar a riqueza gastronómica da zona nos restaurantes da zoa; para tal efecto na zona onde se repartiron as medallas había información sobre un plano dos lugares para xantar.
O rexedor, Juan Anta, que participou na entrega de medallas e trofeos xunto a concelleira de deporte salientaba que, A Veiga é un lugar excepcional para visitar e coñecer, “ten praia e ten montaña, temos o teito de Galicia, e agora vamos a homologar todas as sendas que van a ese teito, vamos a facer un centro de interpretación de Trevinca”. Respecto ó deporte que nos ocupa, Juan Anta asegurou, “vamos a seguir apostando polo piragüismo e vamos a crear una escola para que a xente da Veiga e a contorna veña a practicar este deporte”. Tamén comentou que quedaba, para dar remate a tempada de verán, o concurso de fotografía que finaliza a mediados de outubro, as fotos quedarán en mans dos hostaleiros para que as luzan nos seus negocios, “o que se trata e de por en valor o noso territorio”, asegurou Juan Anta.
Esta iniciativa continúa ca liña marcada, durante este verán, polo concello organizando diferentes actividades relacionadas coa auga como clases de piragüismo, padle surf e actividades de ocio.
Respecto as clasificacións, o club que subiu o mais alto do caixón foi a Escola Piragüismo Cidade de Pontevedra, o segundo, Club Náutico Pontecesures e terceiro o Club Cofradía de Pescadores Portonovo.
Noutra orde de cousas, tamén relacionadas con este deporte, dicir que, o Fluvial Barco ía onte a Travesía de Foz con cinco deportistas. Fernando García Viso quedaba primeiro na súa categoría, mentres o K2 de Jesús Rodríguez e Bernardo Sánchez chegaban sextos. O k2 de Julián Rodríguez e Roberto Núñez tamén quedaba en boa posición.