A Veiga celebrou o martes de Entroido a décimo terceira edición da Festa da Soá. Desafiando a choiva que por momentos deixouse caer, os folións comezaron o desfile as 11:30. Desde o pavillón a praza do concello recorreron a rúa Nova, a Pateira, para voltar de novo o pavillón onde agardaba un suculento menú para facer quecer o corpo.
[df-caption title="Juan Anta cos séus convidados a Festa da Soá" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/02/somoscomarca_aveiga_entroido_2017_02_28-11.jpg"]
Os folións de Penouta e Ramilo, de Chandrexa, de Fornelos de Filloas, o da Veiga e comparsas coma a de “Bailando o son que toque”, encheron de cor e son as rúas. Pero sen dúbida o que mais chamou a atención foi a figurado do Charrelo e a do Boi.
[df-caption title="Folión da Veiga" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/02/somoscomarca_aveiga_entroido_2017_02_28-15.jpg"]
Segundo nos contou Manuel Escuredo, un destes Charrelos, empezouse a recuperar esta figura antiga que había no concello da Veiga, máis concretamente no pobo de Baños. O Charrelo saía no Entroido acompañado polo Boi e o Cinceiro, recorrían todas as casas do pobo dunha punta a outra, onde lle dabean chourizos, viño, castañas.
[df-caption title="Charrelo ca máscara de madeira, as escarapelas e as colonias" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/02/somoscomarca_aveiga_entroido_2017_02_28-4.jpg"]
Os Charrelos viste con camisa de liño, pantalón de liño, botas de fuelle, legues de coiro, esquilas, un pau cunha parte de coiro co que asusta a xente dándolle leña. Na cabeza levan una máscara de madeira tallada, un sombreiro de palla, que se recrece con cartón e se adorna con flores de papel de seda, estas flores levan o nome de escarapelas. Por detrás do sombreiro levan tamén unas cintas de papel que chegan ate a cintura e que lle chaman colonias. Manuel co que lle contou a súa avoa Mari Carmen fixo este Charelo que segundo di “hai xente no pobo con oitenta anos que se vestiu con este Charrelo”. Manuel tamén conta que é moi diferente o Entroido de Valdín ou Corzos o de Santa Cristina, segundo sexan da parte alta ou baixa do concello celébrano de distinto xeito e con diferentes figuras.
[df-caption title="Bois do entroido da Veiga" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/02/somoscomarca_aveiga_entroido_2017_02_28-29.jpg"]
Volvendo de novo o acontecido na Veiga na tarde do 28 de febreiro, sinalar que en torno as seis da tarde houbo una chocolatada e queimada para todos e entrega dos premios. Para rematar con festa rachada.