viernes. 19.04.2024
A Rúa

Vilela celebra o San Brais cunha "callada"

Vilela celebrou o San Brais con choiva, o que deu lugar co santo non puidera saír en procesión.

As 10 da mañá Os Bertolini enchían a localidade co son do seu pasarrúas, para as 12  achegarse a capela do santo onde se celebrou a Misa na honra de San Brais, que non poido saír en procesión por mor da choiva.

San Brais ten moitos devotos na comarca por ser o Patrón das enfermidades da garganta, e xa se sabe que, neste tempo quen mais quen menos padece dela. San Brais foi médico e bispo de Sebaste, Armenia. O santo era coñecido polo seu don de curación milagrosa. Salvou a vida dun neno que se afogaba o trancárselle na gorxa unha espiña de peixe. Este é a orixe da costume de bendicir as gargantas no día da súa festa. A xente que vai a misa acostuma a mercar unhas rosquillas e pasalas polo santo, logo comelas e así a temida dor desaparece ou nin sequera fai acto de presenza

As dúas da tarde, uns 150 comensais dábanse cita na carpa situada na aira  para dar boa conta dos callos preparados por Ángelica Carballo coa colaboración dos veciños. No menú ademais dos callo houbo entremeses, empanada, torta de roxóns, licores, auga, viño.

Ao remate do xantar festa rachada cos Bertolini, na que baixo a nova carpa tamén houbo lugar para botar uns bailes.

A festa dos callos acadou este ano a sétima edición e estivo organizada, un ano mais, pola Asociación de Veciños de Vilela

Vilela celebra o San Brais cunha "callada"