A primeira feira do ano na Rúa marcada polas baixas temperaturas

Mañá fría a do 7 de xaneiro, día de feira na Rúa, neste caso a primeira do ano. Os feirantes agardan que sexa un bo día de ventas aínda que a esta primeira hora as temperaturas estén por debaxo dos 0º. A medida que vaia crecendo o día agárdase sol co que as temperaturas irán tamén en aumento.

A esta primeira hora moito movemento nas rúas Telesforo Ojea e Padre Feijoo. Algúns postos xa teñen colocada a mercancía mentre que outros aínda están valeiros e sen montar.

Segundo se entra desde a rúa progreso o arrecendo do churros invita a dar unha volta. Os pulpeiros xa comezan a cocer o pulpo. Xa se pode mercar quixo, bacallau, zapatos, aixadas, paraugas, árbores frutais e calcetíns. Dentro duns intres xa estará colocada a froita e un montón de roupa a baixo prezo que para eso estamos en tempada de rebaixas.

De paso que se vai a feira e bo momento para dar unha volta polas tendas e establecementos hostaleiros da Rúa, ademais de incentivar o comercio local invertimos na nosa comarca, que nos tempos que corren toda axuda é pouca.