O colexio Manuel Respino estrea E-Dixgal e patios dinámicos
Ademais destas novidades, no colexio público rués haberá extraescolares como robótica, manualidades, pintura ou ximnasia rítmica
No espazo de Radio Valdeorras Onda Cero achegámonos, o mércores 27 de novembro, ó colexio público Manuel Respino da Rúa. Alí recibiunos Mª Elena López Rodríguez, secretaria e orientadora do centro educativo. Temos por costume falar coa directora ou o director do colexio para que nos conte o proxecto educativo do centro, neste caso non foi posible, como nos explicou Mª Elena, «a directora atópase de baixa».
Entre as novidades que conta o centro público da Rúa está E-Dixgal, onde o profesorado e alumnado desenvolven a súa actividade educativa diaria nunha contorna virtual de aprendizaxe que lles permite acceder a contidos dixitais. Un programa onde se traballa con ordenadores porque teñen profesorado preparado e especialista no tema. «Estamos bastante contentos como se está levando a cabo. Os nenos están motivados, teñen interese, gústalle o de traballar a través do ordenador. Lévano para a casa. Temos que esperar a avaliación para ver os resultados», sinala López Rodríguez.
Se nas aulas se informatizan, no patio queren volver os tempos en que os nenos xogaban e interactuaban con outros nenos, por iso despois do Nadal van implantar «Os patios dinámicos», nos que se destinaran zonas para diferentes xogos: a corda, xogos de pelota ou pillla-pilla. «Queremos cos nenos non só xoguen cas tabletas e móbiles se non tamén a comba ou a xogos como os de antes», recalca a orientadora.
Outra das novidades que hai neste momento e a biblioteca escolar que ten como temática con «xogo e xoguetes» que será tamén o que de pé para facer os disfraces de Entroido.
O colexio Manuel Respino da Rúa acolle a case que 200 alumnas e alumnos do concello e tamén dos veciños de Larouco ou Petín. Conta cunha plantilla de 19 mestres e aínda que pareza raro nos tempos que corren foron quen de aumentar o número de matriculados. Hai un aula por curso e incluso en primeiro de primaría existen dúas aulas. En infantil o curso onde hai menos nenos e no de catro anos e no de cinco, o máis numeroso ten 25 alumnos.
En canto a actividades extraescolares contan con: Robótica, ximnasia rítmica, pintura e manualidades as que asiste bastante alumnado pola tarde, segundo sinala Mª Elena.
Moita actividade
no Manuel Respino da Rúa
Desde o comezo de curso foron diversas as actividades que realizaron, Magosto, Samaín, Día das Blibliotecas e Día da Non Violencia. O Magosto realizouse o 11 de novembro coincidindo co San Martiño e ademais de asar as castañas comeron bolos preñados e até houbo o remate unha chocolatada. En Samaín cabazas decoradas e túnel do medo onde os profesores entregáronse a fondo para decorar unha das aulas e que fora unha xornada «terrorífica».
No Día da Biblioteca os protagonistas, como non podía ser doutro xeito, foron os libros e as lecturas, pero tamén os debuxos. Desde ese día están expostos na planta baixa do centro. E xa na celebración do Día da Non Violencia todos os rapaces e rapazas entornaron cánticos no patio.
O Nadal está hai e como di Mª Elena, «é tempo de ilusión e van a facer unas postais navideñas». Entre todas as que se presenten elixirase unha que será ca que o centro felicite o Nadal ó resto dos colexios. Tamén se venderan rifas para o sorteo dunha cesta que axudará a financiar a excursión de fin de curso dos rapaces de sexto de primaria. E non é iso todo, xa que a medida que avance o mes de decembro, cerca do Nadal os nenos e nenas que queiran irán visitar ós maiores do Centro de Día e da Residencia de Fátima. «Van ir a cantarlle panxoliñas e tamén facer unha obra de teatro», subliña a orientadora. Non faltará o festival de Nadal aberto a toda a comunidade educativa onde participarán todos os cursos. Ó remate comida para todos.
Se queres escoitar o que contou Mª Elena para Menuda TRopa fai click na seguinte ligazón:
Os de E-Dixgal que están na clase de 5º de primaria tamén quixeron falar, e esto foi o que contaron:
Os de segundo de primaria tamén contaron o que lles gustaba e o que non, dentro e fora do colexio:
E xa por último na clase de inglés o que se achegou ó micro foi Bruno Mondelo e até se arrincou a facer a pregunta en inglés: